Item request has been placed! ×
Item request cannot be made. ×
loading  Processing Request

Estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar Strategies of intergenerational transmission of Galician in home domain

Item request has been placed! ×
Item request cannot be made. ×
loading   Processing Request
  • Additional Information
    • Publication Information:
      2016.
    • Publication Date:
      2016
    • Abstract:
      A miña intervención, céntrase na glotopolítica de Galicia, máis en concreto, na avaliación da política lingüística e o seu impacto na sociedade galega. En concreto, un dos seus principais obxectivos é investigar as estratexias para a transmisión interxeracional do galego no contexto familiar. Por medio dun enfoque etnográfico, isto analizarase a relación dos pais galegos que, a través das súas crenzas e prácticas lingüísticas individuais, desempeñan un papel predominante na revitalización e mantemento do galego fóra da escola, concretamente dentro da familia. Así, os eixos da miña investigación son:■ Cal é o papel dos axentes individuais (nais e pais) na interpretación e implementación da política lingüística do goberno no ámbito familiar dos contextos urbanos e semi-urbanos de Galicia? ■ Cales son as estratexias postas en xogo dentro das familias e cales son os resultados desas estratexias?■ Cales son os factores principais que inflúen no éxito ou fracaso desas estratexias? ■ Trátase dunha cuestión das decisións das nais e pais ou existen factores sociais e estruturais que determinan os resultados da política lingüística familiar?Para este estudo entrevistei as nais e os pais que pasaron polo sistema educativo de Galicia a partir do 1975 e viviron as primeiras políticas lingüísticas da autonomía. Usando datos etnográficos, desenvolvo a miña análise sobre:(a) notas de campo e observacións(b) dous grupos de discusión en Vigo e Santiago de Compostela(c) auditoría de uso lingüístico dentro da familia con catro familias
    • File Description:
      application/pdf
    • Accession Number:
      edsair.dedup.wf.002..613841d809647de73c8cbf3e784965d9